Ōkami HD terá versións para Xbox One, PS4 e PC
mércores, 13 de setembro do 2017
En 2006 veu a luz o xogo ÅŒkami
de Clover Studio para PlayStation 2, adaptándose acto seguido a Wii, e
conseguindo facerse todo un referente no que a tratamento artÃstico se refire,
de aà que gozase logo dunha versión HD para PlayStation 3, Ōkami HD, que o vindeiro 12 de decembro vai volver ao mercado nunha
versión remasterizada para PlayStation 4, Xbox One e PC, tanto en formato
fÃsico como dixital, confirmando Capcom que o xogo aproveitará a potencia da
Xbox One X, a PS4 Pro e os ordenadores de alta gama.
Parece incrible ver como un xogo nacido da definición estándar poida escalar
pouco a pouco para adaptarse ao nivel gráfico actual, conservando a fermosura
do estilo de arte baseado na tinta, que gaña segundo temos unha maior
resolución de pantalla, de xeito que Ōkami
cada vez loce mellor.
En ÅŒkami HD os xogadores controlan a
Amaterasu, unha deidade xaponesa que pode tomar a forma do lobo branco Shiranui
na loita contra o demo de oito cabezas Orochi e de todos os inimigos que van
xurdindo no camiño. Os xogadores terán a opción de gozar do xogo en formato
panorámico ou nos 4:3 orixinal, e o prezo de venda en formato dixital será de
19,99 euros en todas as versións.
- O xogo aproveitará a máxima resolución do noso ordenador ou da nosa consola nesta nova remasterización
Tráiler da nova versión de Ōkami HD