A AETG conmemora o Día Mundial das Telecomunicacións cun debate online con Puntogal

martes, 19 de maio do 2020 S. P.

Este 22 de maio temos unha cita coas ferramentas que están a axudar a tantos colectivos e entidades a mitigar e mesmo a superar moitas das complexidades e desafíos que achega a crise sanitaria na que estamos mergullados: as ferramentas dixitais e das telecomunicacións. Estamos a falar do acto Desafío 2030: Conectar Galicia ao mundo rexido polos datos, organizado a partir das 12.00 horas pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG).
Trátase, segundo explica a asociación, dun encontro virtual para conmemorar o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2020 (este 17 de maio) e no que participan a asociación PuntoGal e a propia AETG.
O programa de actividades dará comezo ás 11.50 horas, coa conexión telemática cos asistentes, para logo dar paso á presentación do xornalista Manuel Blanco Casal e, un algo máis tarde, ao miolo do acto: o debate Desafío 2030: Conectar Galicia ao mundo rexido polos datos. Participan Julio Sánchez Agrelo, presidente AETG/decano COETG e Manuel González González, presidente de PuntoGal.

PUBLICIDADE