A Blackberry Bold comezará a venderse no verán

luns, 12 de maio do 2008 Marcus Fernández

RIM anunciou o que será o seu novo terminal Blackberry Bold, que é un móbil intelixente de grandes prestacións, que leva no seu interior un potente procesador a 624 MHz, 128 de memoria e 1 Gb de almacenamento interno; conta cunha pantalla de 480 x 320 píxeles de resolución, unha cámara con flash de 2 Mpíxeles, teclado QWERTY, lector de tarxetas microSDHC de ata 16 Gb, GPS e unha altísima conectividade: Bluetooth 2.0 con soporte de A2DP, Wi-Fi, EDGE e HSDPA.
O reprodutor multimedia integrado é compatible con formatos MP3, WMA, AAC, DivX4 e WMV3. A súa chegada ao mercado agárdase para o vindeiro verán, e o seu prezo de venda en España estará entre os 250 e os 350 euros.

PUBLICIDADE