A Cámara de Santiago organiza obradoiros de ecommerce e redes sociais
xoves, 22 de abril do 2021
A
Cámara
de Comercio de Santiago programa catro obradoiros
formativos para este primeiro semestre do ano. As actividades,
de balde e de
15 horas de duración, enmárcanse no eixo do programa de actuación
2020 - 2021 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola
Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do
cooperativismo e a economía.
Os
días 4, 5, 6, 11 e 12 de maio celebrarse o taller Xestión de
Conflitos nas Empresas de Economía Social. O obxectivo principal é
achegar coñecementos e claves para a creación dunha estratexia
empresarial valida e adaptada ás características básicas da
empresas denominadas de economía social. Tratarase de atopar os
problemas, tomar as decisións correspondentes, elixir obxectivos,
determinar estilos de traballo, descubrir o carácter das persoas,
etc. En definitiva, de aprender a manexar conflitos.
Durante
os días 15, 16, 17, 22 e 23 de xuño, terá lugar o taller Entornos
de Traballo Colaborativos e Repercusión na Empresa Social. A
actividade contará cos coñecementos e claves efectivas para a
adecuada xestión empresarial dentro da economía social, pero tamén
analizará a perspectiva da dixitalización empresarial, que permite
que a colaboración se estenda en múltiples aspectos.
Por
último, os talleres de Comercio Electrónico e Redes Sociais
desenvolverase nos meses de marzo e abril. Todos os interesados,
deberán inscribirse na web da Cámara de Santiago de Compostela ou
chamar ao 981 59 68 00.