A Coruña acolle unha xuntanza de desenvolvedores de videoxogos
luns, 8 de abril do 2019
O colectivo GGDevs (Galicia Game Developers) en colaboración
coa Facultade de Ciencias da Comunicación no Campus de Elviña da Universidade
da Coruña organizou DevBites 102,
unha xuntanza aberta de desenvolvedores de videoxogos que terá lugar o vindeiro
xoves ás 18:00 horas na Aula 3 da Facultade de Ciencias da Comunicación.
Este encontro servirá de acubillo para 4 interesantes relatorios que resultarán
moi enriquecedores para os que buscan prosperar no desenvolvemento profesional
de videoxogos. As charlas serán as seguintes: Autoedición nos videoxogos (Alberto Vázquez), Balea: Sound of Whales, como abrirse paso no videoxogo en Galicia
(Javier Linares), Marca persoal
(Mónica Saavedra) e Workflow para contornos
naturais en Unreal Engine 4 (Alessio Garcai).