A Deputación de Lugo mellora a operatividade tecnolóxica da súa teleasistencia a domicilio
venres, 21 de febreiro do 2020
A
Deputación de
Lugo vai aumentar nun 20% a operatividade do seu servizo de
teleasistencia domiciliaria, unha atención de balde que se pon a
disposición das veciñas e veciños dos 67 concellos da provincia,
ao que destinará 560.000 euros. Segundo explicou o deputado de
Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, o novo contrato ten
vixencia ata o 2022 e inclúe o fornecemento dunha manchea de
dispositivos tecnolóxicos avanzados entre a cidadanÃa e un número
total de prazas de 1.795.
O
devandito significa que ás 1.555 prazas para persoas usuarias
directas (xa contempladas no anterior contrato, que se remonta a
2013) engádense agora outras 180 prazas (persoas que, convivindo co
titular do servizo, reúnen tamén os requisitos para ser
beneficiarias, e que disporán dunha unidade de control remoto
adicional para o seu uso exclusivo) e outras 60 (persoas
beneficiarias indirectas, aquelas que convivindo coa persoa usuaria e
necesitando das prestacións e atencións que este proporciona,
carecen de capacidade fÃsica, psÃquica ou sensorial para poder
utilizar por si mesma esta atención).
A
maiores, este novo prego contempla outras melloras, como son a achega
de balde de 60 terminais a maiores dos 1.555 esixidos de xeito
obrigatorio á adxudicataria; de até 48 dispositivos periféricos
vinculados ao terminal de teleasistencia (detectores de caÃdas, de
gas, de fumes, de movemento e de presencia), incluÃndo a súa
instalación, mantemento e prestacións vinculadas aos mesmos; de até
48 terminais de teleasistencia móbil que conten cun sistema de
xeolocalización e monitoraxe, que permita a emisión de alarmas e a
localización da usuaria; e de terminais que acheguen o servizo a
persoas con dificultades de comunicación verbal ou auditiva
(dispositivos móbiles con software especÃfico que permiten ás
destinatarias activar alertas no centro de atención de forma
sinxela).