A ETSE da USC celebrará a I Xornada de Seguridade o vindeiro 15 de decembro

luns, 21 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Imaxe dun Fiadeiro de Software Libre que tamén tivo lugar na ETSE da USC

Para facilitar o contacto co mundo da seguridade informática a través de profesionais do mesmo, a Asociación GEISER organizada a I Xornada de Seguridade, que terá lugar o vindeiro 15 de decembro na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela, con relatorios no Salón de Actos da Escola e un obradoiro na Aula i1. Durante a Xornada distintos profesionais darán a coñecer, a través das súas experiencias, o traballo que desenvolven para frear as ameazas informáticas, amosando tamén a outra cara da moeda (o métodos empregados para lanzar os temidos ataques).
O programa da Xornada é como segue:
- 10:00 – Apertura
- 10:30 – Funcións e arquitectura de seguridade na USC – Relatorio impartido por José Antonio Pizarro Bedoya, responsable da Unidade de Seguridade da Área TIC da USC
- 11:30 – Obradoiro: Flu e outras mozas do montón – Responsables do Flu Project ilustrarán sobre o funcionamento do troiano Flu en Windows e Android, así como outras técnicas de hackeo como Man in the Middle e hijacking.
- 16:00 – Inteco-CERT – Javier Berciano Alonso, coordinador do CERT de Inteco e Valentín Gutiérrez Boquete, falarán da súa experiencia no CERT.
- 17:30 – Delitos na Rede. Anatomía dunha extorsión. Introdución á análise forense informática – Relatorio de Pedro Sánchez, consultor de seguridade de Honeynet e autor do blog ConexiónInversa.
Os relatorios serán de acceso libre (sen rexistro pevio), mentres que o obradoiro está limitado a 32 prazas e terá un custo de 20 euros.

PUBLICIDADE