A God of War Collection incluirá a demo de God of War III

mércores, 23 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Os seguidores das aventuras de Kratos recibirán con agrado a chegada de God of War Collection, unha reedición dos xogos God of War e God of War II adaptados para funcionar na PlayStation 3 con pequenas melloras gráficas (pois os xogos funcionarán a 1.280 x 720 píxeles) e con trofeos, pero moitos tamén agradecerán o feito de que vaia incluír unha versión de demostración do agardado God of War III, título que chegará ás tendas en marzo de 2010.
Aínda que a España a God of War Collection non vaia chegar ata primeiros de 2010, confirmouse que o lanzamento noutros mercados coma o norteamericano será antes do Nadal, polo que os impacientes poderán optar á importación, xa que este xogo carece de limitación rexional.

PUBLICIDADE