A IFA de Berlín cancela as súas actividades internacionais por mor do coronavirus

luns, 10 de agosto do 2020 Marcus Fernández

O pasado mes de maio a organización da feira IFA de Berlín sorprendía anunciando unha reformulación do evento que tería lugar entre os días 3 e 5 de setembro cun formato revolucionario no que segregaban ao público en 4 eventos limitados a 1.000 persoas/día, de xeito que era imposible superar os 5.000 participantes que como máximo fixaran as autoridades xermanas para a celebracións de eventos.
Esta limitacións de aforo e o feito de que o encontro estivese limitado só a persoas con invitación facían crer que podería ser unha celebración segura e a semana pasada chegaron incluso a publicar un calendario de presentacións que terían lugar na feira IFA con participantes como LG, TCL, Huawei, Hyuundai, Honor ou Realme, pero este optimismo non parecía xustificado, e ante as restricións ás viaxes que imperan en moitos países (principalmente asiáticos) a organización da IFA non tivo máis remedio que cancelar a súa feira presencial internacional «pese ao grande interese da industria». A face internacional da IFA era unha das 4 sección da feira no seu novo formato, pero claramente a máis importante.
Deste xeito, a grande feira internacional da electrónica de consumo quedaría adiada a 2021, pese a que había unhas 600 empresas dispostas a participar no encontro no formato especial proposto para a edición de 2020, aínda que si manterán algunhas actividades de asistencia reducida e unha plataforma en liña para a realización de presentacións.

PUBLICIDADE