A Kodak Ki8 grava vídeo a 1.080p

mércores, 29 de xullo do 2009 Marcus Fernández

A Kodak Ki8 é unha nova cámara de vídeo ultracompacta de Kodak que mellora considerablemente con respecto das súas predecesoras ao integrar unha pantalla LCD de 2,5 polgadas, tecnoloxía de seguimento de caras, estabilización de imaxe e gravación de vídeo a 1.080p (1.920 x 1.080 a 30 fotogramas por segundo), que só mide 62,0 × 113,2 × 21,5 milímetros e pesa 110 gramos. Sairá á venda en setembro por 179 dólares (127,58 euros).
Este tipo de cámaras están a gañar moita popularidade para uso doméstico (pensando en boa medida na súa publicación na web), e aínda que o seu uso principal é a gravación de vídeo, tamén serven para tomar fotografías (neste caso, de 5 Mpíxeles). A Kodak Ki8 grava nos seus 128 Mb de memoria interna ou en tarxetas SD/SDHC de ata 32 Gb. Conta con saída de vídeo (tanto analóxica coma HDMI) e pese a integrar un micrófono, sorprende por incorporar unha entrada para un micrófono externo (o que permite captar son estéreo).

PUBLICIDADE