A Logitech Brio 300 aspira a converterse nunha webcam de referencia
xoves, 19 de xaneiro do 2023
A Logitech C920 converteuse
nunha das webcams máis populares do mercado, principalmente pola súa relación
entre prestacións e prezo, xa que consegue uns resultados bastante satisfactorios
sen ter un prezo excesivo, e Logitech está a presentar a que podemos ver como a
súa sucesora, a Brio
300, cámara web que tamén ten resolución de vÃdeo 1080p con corrección de
iluminación automática, micrófono con redución de ruÃdo e, ao estarmos ante un
dispositivo actual, conector USB-C, que ponse xa á venda en tres
cores (grafito, rosado e grafito) por un prezo oficial de 84,99 euros.
Esta nova webcam, ao igual que a C920, integra un clip de montaxe que facilita
a súa colocación sobre monitores de equipos tanto sobremesa como portátiles, e
un cable de metro e medio. Esta cámara de 2 MpÃxeles pode funcionar a 1080p ou
a 720p a 30 imaxes por segundo, conta cun campo visual diagonal de 70 graos e o
seu micrófono mono ten un radio de acción de até 1,22 metros. Con RighLight 2
equilibra automaticamente o brillo, axusta o contraste e compensa os contornos con
iluminacións difÃciles para ofrecer unha presentación natural, de xeito que
consegue videochamadas que poden percibirse como de bastante calidade. Os usuarios
que precisen dun maior control sobre a imaxe poden instalar a aplicación Logi
Tune para poder axustar as preferencias da cámara.
A desconfianza dos usuarios tamén levou a que o propio deseño da cámara lle
fixese integrar unha tapa de privacidade, que bloquea a lente cando a
cámara non está en uso.