A Nikon D5000 combina grandes prestacións e versatilidade
martes, 14 de abril do 2009
Nikon presentou
hoxe a nova cámara réflex dixital modelo D5000, que conxuga un amplo
abano de caracterÃsticas cunha impresionante versatilidade. AsÃ, a Nikon D5000
permite tanto tomar fotografÃas a 12,3 MpÃxeles coma gravar vÃdeo en alta
definición a 720p a 24 fotogramas por segundo, destacando especialmente porque
a súa pantalla LCD de 2,7 polgadas pode abaterse e xirarse (algo moi
infrecuente en cámaras destas dimensións).
A cámara funciona nun rango ISO de entre 200 e 3.200, podendo forzarse a 100 e
a 6.400; rexistra 11 puntos de enfoque automáticos con seguimento de obxectos e
conta con saÃda HDMI para a visualización de vÃdeos e imaxes nun televisor con
este tipo de conector.
A cámara chegará ás tendas a finais de mes a un prezo estimado de 849,95
dólares (cun obxectivo Nikkor) ou 729,95 dólares (só corpo).
- A versatilidade da pantalla LCD da Nikon 5000 é unha das súas caracterÃsticas máis rechamantes