A Nintendo 3DS está a vender menos do estimado
mércores, 27 de abril do 2011
- Mozos probando a Nintendo 3DS en A Coruña
Tras recoñecer unha
caÃda de beneficios moi importante durante o último ano e verse forzados a
anunciar unha nova consola doméstica na vindeira edición do E3, agora o
presidente da compañÃa, Satoru
Iwata, recoñece que a Nintendo 3DS está a vender por debaixo do esperado, pois
tras un forte lanzamento (400.000 unidades vendidas nos EE.UU. nunha semana,
371.000 no Xapón nos primeiros 2 dÃas e 303.000 unidades na primeira fin de
semana en Europa) as vendas caeron considerablemente. Concretamente colocaron 3,6 millóns de consolas nun perÃodo no que agardaban vender 4 millóns de unidades.
Agora Iwata asegura que a súa compañÃa sobreestimou o atractivo da pantalla 3D
sen lentes da súa nova consola portátil, algo que é moi difÃcil de transmitir a
través dos medios de comunicación tradicionais (xa que é preciso probar en
persoa a consola para poder experimentar a sensación de visión autoestereoscópica
da súa pantalla), polo que van ter que esforzarse en explicar o valor dos
servizos de conectividade que ten a 3DS, asà como educar ao público do uso da
barra de 3D para axustala a cada persoa (polo que as queixas sobre os mareos
que padecen algunhas persoas poderÃan terse evitado).
A finais de maio sairá unha actualización da 3DS que incorporará a eShop (tenda
de descargas) e a posibilidade de empregar vÃdeo 3D, caracterÃsticas que
potenciarán enormemente as capacidades da consola, o que xunto cos lanzamentos
de grandes xogos de cara ao verán suporá un pulo para que as vendas da Nintendo
3DS melloren durante os meses anteriores á campaña de Nadal (cando non hai
dúbidas sobre as fortes vendas que terá a portátil de Nintendo).