A Nintendo 3DS estará dispoñible en rosa e branco antes do Nadal
martes, 25 de outubro do 2011
- O paquete da Nintendo 3DS branca co xogo Super Mario 3D Land poderÃa converterse nun dos grandes agasallos do vindeiro Nadal
De cara ao Nadal dende Nintendo quere ampliar a
oferta cromática da súa nova consola portátil, de aà que anuncien novos
paquetes de consola + xogo, polo que dende o 18 de novembro poderemos adquirir a
Nintendo 3DS de cor rosa coral xunto co xogo Nintendogs Golden Retriever e
dende o 2 de decembro estará dispoñible a Nintendo 3DS en cor branco polar co
agardado xogo Super Mario 3D Land.
Actualmente a Nintendo 3DS pode adquirirse en cor azul aqua, negro cosmo e vermello metálico, e a estrea de 2 novas cores
vai ampliar as posibilidades de elección de cara aos agasallo de Nadal, cando
esperan ter unhas vendas espectaculares, pois esta tempada será a única consola
de videoxogos nova (a PS Vita e a Wii U non chegarán ata 2012) e contará con
grandes xogos como Super Mario 3D Land,
Mario Kart 7, StarFox 64 3D, The Legend of
Zelda: Occarina of Time ou Street
Fighter IV 3D Edition, o que supón unha oferta moi atractiva que promete
mellorar o ano que vén.
Cómpre matizar que as versión da Nintendo 3DS en cor rosa coral e branco polar
tamén poderán adquirirse por separado a partir dos dÃas 9 e 16 de decembro,
aÃnda que os paquetes cun xogo incluÃdo poderÃan resultar máis atractivos á
hora de adquirilos como agasallo de Nadal (quedando as consolas soltas para
engrosar o catálogo a longo prazo de Nintendo).
- Os seareiros de Nintendogs poderán mercar o xogo xunto cunha Nintendo 3DS de cor rosa