A Nintendo 3DS poderá gravar en 3D a partires da semana que vén

martes, 29 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Nintendo vén de anunciar que antes do 8 de decembro estará dispoñible unha actualización de balde para a Nintendo 3DS que permitirá incrementar as funcións e características da consola portátil, entre as que destaca a gravación de vídeo en 3D (ata 10 minutos de captura), a creación de vídeos mediante a técnica do stop-motion, a Praza Mii de StreetPass incorpora novos quebracabezas e tamén será posible a transferencia completa do sistema (incluíndo os programas descargados) entre 2 consolas Nintendo 3DS.
Esta agardada actualización estaba prevista para finais de novembro, pero a demora no seu lanzamento queda en só uns días, chegando a tempo para o Nadal, de xeito que a consola portátil de Nintendo gaña moitos puntos como dispositivo de lecer electrónico, xa que a posibilidade de gravar vídeo en 3D aínda é toda unha sorpresa para a meirande parte dos consumidores.

PUBLICIDADE