A Nintendo 3DS prepárase para o verán

xoves, 30 de xuño do 2011 Marcus Fernández

O xogo Resident Evil: The Mercenaries 3D</Em> chegará ás tendas o 1 de xullo

Coa chegada do verán, Nintendo quere revitalizar a súa nova consola portátil, e tras a chegada do agardado The Legend of Zelda: Ocarina of Time, xa temos un completo calendario de lanzamentos que comeza este venres con Resident Evil: The Mercenaries 3D, grande título ao que seguirán o 15 de xullo Dream Trigger 3D e Green Lantern: Rise of the Manhunter e o 26 de agosto PAC-MAN & Galaga Dimensions. Xa en setembro están confirmados DualPenSports, Angler’s Club: Ultimate Bass Fishing 3D, Star Fox 64 3D, Shinobi, e CRUSH3D.
Nos vindeiros meses tamén se espera o lanzamento de Doctor Lautrec and the Forgotten Knights (durante o verán), Captain America: Super Solider (que non coincidirá coa película na que se inspira, adiándose ata o outono), EA SPORTS FIFA 12 e Metal Gear Solid 3D Snake Eater.
No verán tamén será posible adquirir a través da eShop os xogos para Nintendo 3DS 3D Classics Xevious, Mario’s Picross (xogo da Consola Virtual) e Dragon’s Lair: Time Warp (título de Nintendo DSiWare).
Pero a cousa non rematará aí, senón que outro elemento que achegará atractivo á Nintendo 3DS será o feito de que a partires o 1 de xullo, e por tempo limitado, estarán dispoñibles na eShop como descarga de balde 10 vídeos sobre algúns dos xogos de 3DS que puideron verse no E3, repartidos en 2 paquetes. O primeiro paquete contará con imaxes de Mario Kart, Resident Evil: Revelations, Star Fox 64 3D, Super Mario e The Legend of Zelda: Ocarina of Time, dispoñibles ata o 20 de xullo. Tamén chegará un segundo paquete con vídeos 3D de Animal Crossing, Kid Icarus: Uprising, Luigi’s Mansion 2, Metal Gear Solid 3D Snake Eater e Paper Mario.
Con estes vídeos amplíanse os contidos dispoñibles para tirar proveito da pantalla autoestereoscópica da Nintendo 3DS á vez que pódese botar un ollo aos xogos da consola, para decidir futuras compras.

PUBLICIDADE