A Nintendo Switch Lite terá versión en cor azul

mércores, 14 de abril do 2021 Marcus Fernández

Os fabricantes de consolas de videoxogos non cesan de dinamizar as súas vendas con tácticas tan básicas como incrementar o número de cores no que as súas máquinas están dispoñibles, e agora Nintendo anuncia que a partir do 7 de maio estará dispoñible a Switch Lite en cor azul.
Esta cor pode lembrar á que xa tiveron no seu día consolas como a GameCube, a Game Boy Advance ou a Game Boy Advance SP, polo que confíase en que haxa moitos incondicionais de Nintendo que queiran facerse coa consola que até o momento estaba dispoñible en 4 cores (coral, amarelo, gris e turquesa).
Desta volta non estamos ante unha edición especial, senón ante unha nova cor, polo que o seu prezo oficial sería o mesmo que o resto de versión da consola.

PUBLICIDADE