A Nintendo Wii contará cun xogo de deportes de praia

xoves, 13 de marzo do 2008 Marcus Fernández

O voleibol de praia en Big Beach Sports

Seguindo a liña do popular Wii Sports, de cara o verán a consola doméstica de Nintendo contará cun novo título, Big Beach Sports, que promete diversión grazas ó achegar distintos deportes ambientados na praia coma serían o fútbol, o volley-praia, o frisbee, o mini-golf, o fútbol americano, o cricket e o bocce ou bocha (un xogo semellante á petanca).
Redactores de Gamespot puideron ver en acción 2 dos 6 xogos dispoñibles no novo título de THQ (cricket e voleibol de praia) e confirmaron que presentan unha aparencia moi semellante ó Wii Sports, e que o seu uso está moi orientado ó puro divertimento e para varios xogadores.

PUBLICIDADE