A Olympus SZ-10 impresiona co seu zoom de 18x

martes, 8 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Os usuarios que queren gozar de boas cámaras dixitais sen prescindir de certa comodidade á hora de transportalas (prescindindo principalmente dos obxectivos intercambiables) poden optar por adquirir unha cámara tipo bridge, entre as que podemos destacar a Olympus SZ-10, que en poucas semanas chegará a España por uns 250 euros, e que conta cun impresionante zoom óptico de 18x á vez que conserva un volume bastante compacto (107,3 x 73,4 x 84,7 milímetros), o seu sensor permítelle tirar fotografías de 14 Mpíxeles e tamén grava vídeo ata a 720p (en MPEG-4 AVC/H.264). Tamén conta con modos especiais para xerar fotografías panorámicas e incluso para crear imaxes en 3D partindo da toma de dúas instantáneas separadas.
A Olympus SZ-10 ten unha pantalla de 3 polgadas, saída HDMI, flash integrado, emprega tarxetas de memoria SD/SDHC/SDXC, é compatible con tarxetas Eye-Fi e a súa tecnoloxía de detección de rostros incorpora modos específicos para fotografar a mascotas (pode detectar ata 10 caras de distintos cans ou gatos e tamén permite disparar automaticamente no momento no que a mascota mire á cámara).

PUBLICIDADE