A PC Engine terá versión mini

mércores, 12 de xuño do 2019 Marcus Fernández

Nun momento no que a nostalxia reina no mundo dos videoxogos semella que vai facerse xustiza cunha das consolas que mellor catálogo de videoxogos conseguiu ter no seu día, pero que tiña a súa imaxe diluída en boa medida por ter unha marca pouco uniforme, xa que coñecíase como TurboGrafx-16 mentres que a Occidente chegou como PC Engine, contando con moi poucas unidades en España (e chegando preto de 3 anos despois do lanzamento nipón).
Esta consola poderá redescubrirse grazas á súa versión mini, que en España chegará como PC Engine CoreGrafx mini, e que nun formato sumamente compacto permitirá gozar de xogos clásicos como R-Type, New Adventure Island, Ninja Spirit, Ys Book I & II, Dungeon Explorer, Alien Crush e outros xogos que irán desvelándose paulatinamente.
Este produto chegará da man de Konami, e aínda non se coñece nin o prezo nin a data na que verá a luz, e aínda que non está baseado nunha consola moi popular en Occidente, de seguro que será do agrado de moitos coleccionistas que estarán desexosos de render tributo a unha das consolas máis revolucionarias no seu tempo e que nalgún caso até quererán facerse coas súas tres versións (que contarán cun deseño exterior moi diferente e cunha selección de xogos bastante distinta).

Vídeo de presentación da PC Engine CoreGrafx mini

PUBLICIDADE