A PS Vita, de rebaixas

martes, 19 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Rayman Origins é un dos xogos rebaixados en formato descargable

Os propietarios dunha consola portátil PS Vita van poder gozar entre os días 20 de xuño e o 4 de xullo dunha serie de ofertas descargables bastante interesantes, pois supoñen unha importan rebaixa. Concretamente baixarían de prezo o xogo Army Corps from Hell (de 39,99 a 26,99 euros), Blazblue: Continuum Shift Extend (de 39,99 a 26,99 euros), Little Deviants (de 14,99 a 10,99 euros), ModNation Racers: Road Trip (de 14,99 a 10,99 euros), Rayman Origins (de 34,99 a 24,99 euros), Reality Fighters(de 14,99 a 10,99 euros), Shinobido 2: Revenge of Zen (de 39,99 a 19,9 euros), Touch my Katamari (de 29,99 a 14,99 euros) e Unit 13 (de 34,99 a 24,99 euros).
Pero non é a única oferta sobre a PS Vita que hai na actualidade, senón varios packs da consola teñen ata o 15 de xullo unha rebaixa de 50 euros, co que esperan revitalizar as vendas da portátil de cara ao verán. Os packs de PS Vita rebaixados son os que inclúen unha tarxeta de memoria de 4 Gb e un xogo (Uncharted: El Abismo de Oro ou EA Sports FIFA Football).


Anuncio televisivo da rebaixa da PS Vita con Uncharted


Spot da oferta de PS Vita con FIFA Football

PUBLICIDADE