A PS Vita xa conta cun xogo de intelixencia

luns, 5 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Sony puxo á venda o pasado venres en España o xogo para PS Vita Smart as... El reto mental de la generación social, título exclusivo para a nova consola portátil que pode adquirirse por 29,99 euros en tendas ou mediante descarga e que permite pór a proba a axilidade mental do usuario a través de retos que buscan servir de adestramento para a capacidade mental, no que moitos dan en chamar “o Brain Training de PS Vita”.
Os retos repártense nas categorías de lóxica, aritmética, linguaxe e observación, ampliándose a experiencia con funcións sociais que permiten compartir e comparar puntuacións con outros usuarios a través de Facebook e Twitter.
Este novo xogo de PS Vita fai uso das características propias da nova portátil de Sony, como a cámara, a pantalla táctil e o panel táctil traseiro, así como dos controis de movemento, creando unha experiencia moi interactiva e divertida. O xogo chega totalmente localizado ao español e cun narrador de luxo: Carlos Ysbert (actual voz televisiva de Homer Simpson).


Vídeo promocional do xogo que conta coa presenza do actor John Cleese

PUBLICIDADE