A PS3 actualiza o seu software de sistema á versión 4.10
mércores, 8 de febreiro do 2012
Hoxe chegou á PlayStation 3 unha actualización
do software do sistema da consola de Sony, que chega á versión 4.10, e que
incorpora melloras no navegador de Internet (que agora amosa os contidos e os
deseños de páxinas web con maior precisión), permite configurar a hora con
maior precisión e de xeito automático a través da Internet e adáptase a un novo
cambio na plataforma de xogo en liña de Sony, que pasa de coñecerse como
PlayStation Network a responder ao nome de Sony Entertainment Network, o que
non afectará nin ao xeito de iniciar sesión nin aos datos almacenados no
servizo.
Para poder gozar da versión 4.10 do software da PS3 será preciso contar cun
mÃnimo de 180 Mbytes de espazo libre no disco duro da consola ou nun soporte de
almacenamento extraÃble.