A PS3 contará cunha edición limitada da Selección Española de Fútbol

martes, 8 de maio do 2012 Marcus Fernández

O tema da Selección Española para a PS3 xa está dispoñible para a súa descarga de balde na PSN

De cara á UEFA EURO 2012 que terá lugar en Polonia e Ucraína, Sony anuncia que o vindeiro día 24 porá á venda un novo pack coa PlayStation 3 de 320 Gb en cor vermella e con dous mandos DUALSHOCK3 inspirada na Selección Nacional Absoluta de Fútbol. Esta edición da PS3 estará limitada a 10.000 unidades e terá un prezo estimado de 299 euros.
Este produto chegará ao mercado ao amparo dun acordo entre a división de videoxogos de Sony e a Real Federación Española de Fútbol, o que tamén permite a descarga de balde dun tema da selección española a través da PlayStation Network.

A nova edición limitada da PS3 sairá o 24 de maio

PUBLICIDADE