A PS4 Pro estreará versión branca en setembro

luns, 10 de xullo do 2017 Marcus Fernández

Seguindo a estela do resto de consolas de Sony, a PlayStation 4 Pro vai estrear versión coa carcasa e o mando en cor branca e para a estrea cromática que terá lugar o vindeiro 6 de setembro decidiron que o mellor sería que fose da man dun grande lanzamento, de xeito que a PlayStation 4 Pro Glacier White sairá á venda co xogo Destiny 2, incluíndo tamén un código para a descarga de contido adicional.
Dende Sony lembran que a versión de PS4 de Destiny 2 incluirá contidos adicionais en primicia, ou sexa, que algúns mapas e algunhas misións chegarán antes aos xogadores de PlayStation que os do resto de plataformas para as que estará dispoñible o xogo de Bungie.
Quen xa teña reservado o xogo Destiny 2 en formato dixital poderá gozar de acceso anticipado á súa versión de proba a partires do 18 de xullo.

Tráiler de Destiny 2

PUBLICIDADE