A PS4 contará con auriculares estéreo con redución de ruÃdo
martes, 3 de novembro do 2015
Para poder xogar en liña gozando de bo son e conversando á
vez con outros xogadores é habitual o uso de auriculares con micrófono, e para
atender a esta demanda Sony
vai pór á venda o 9 decembro a un prezo de 89,99 euros uns novos auriculares
estéreo que integran a tecnoloxÃa AudioShield con redución de ruÃdo que
pretenden illar ao usuario de son molestos que poidan rodealo para somerxerse
máis nas aventuras que vive na súa PlayStation 4.
Estes novos auriculares contan cunha baterÃa recargable para a función de
redución de ruÃdo que dura unhas 15 horas e pode recargarse co cable USB
incluÃdo na súa caixa. Aparte dos auriculares (que son compatibles con
smartphones e tabletas para realizar chamadas) tamén inclúe un botón de chamada
e botóns de control de volume, para facilitar o seu uso durante as nosas
partidas en liña. Para facelos máis cómodos inclúen almofadiñas intercambiables de tres tamaños distintos.
Cómpre destacar que este periférico é compatible tanto co mando sen fÃos
DUALSHOCK 4 e con tomas de auriculares estándar.
VÃdeo promocional dos novos auriculares de Sony para PS4