A PS4 que celebra os 20 anos da PlayStation ofrecerase a través dunha poxa solidaria
venres, 5 de decembro do 2014
Para celebrar o 20º aniversario Sony da primeira consola
PlayStation vai lanzar unha edición limitada da PlayStation 4 personalizada coa
aparencia da consola orixinal, comercializando só 12.300 unidades en todo o
mundo, e que, respondendo a esta dispoñibilidade tan cativa, decidiron fuxir
das canles de distribución habituais e veñen de desvelar que o xeito de compra
será unha poxa solidaria que destinará 350 unidades ao mercado español.
Actualmente xa temos unha páxina
web na que poder inscribirnos para recibir un aviso cando se inicie a poxa
(e poder participar), que terá lugar os dÃas 12, 13 e 14 de decembro, e que
destinará os beneficios desta iniciativa a UNICEF
e a Juegaterapia. Cómpre lembrar que o
prezo de referencia da edición especial desta PS4 é de 499 euros, polo que o
prezo final que acade nas poxas é de agardar que sexa bastante superior ao que
estamos a feitos a ver nas tendas.
VÃdeo no que anuncian a poxa da edición limitada 20º aniversario da PS4