A PS4 terá edicións especiais co gallo do lanzamento de The Phantom Pain

martes, 9 de xuño do 2015 Marcus Fernández

A menos de tres meses do lanzamento de Metal Gear Solid V: The Phantom Pain, dende Sony anuncian que o 1 de setembro porán á venda unha edición limitada da súa PlayStation 4 que incluirá a edición de 500 GB da consola nunha rechamante cor vermella cunha elegante franxa amarela (deseño inspirado no brazo biónico de Snake) e que virá cun mando Dualshock 4 de cor gris metálico co emblema de Diamond Dogs (organización militar liderada por Snake) e a edición Day 1 da nova entrega de Metal Gear Solid, que incluirá contidos descargables.
Adicionalmente tamén estará dispoñible un lote do xogo coa consola, que non sería edición limitada, e que tería tanto a consola como o mando en cor Jet Black.

PUBLICIDADE