A PSP superou en vendas á Wii e á DS xuntas grazas a un xogo

mércores, 7 de maio do 2008 Marcus Fernández

As consolas de Nintendo son as líderes mundial, arrasando tanto nas portátiles coma nas domésticas, pero durante o pasado mes de abril aconteceu algo rechamante no Xapón, pois a PSP de Sony vendeu máis unidades que a Nintendo DS e a Wii xuntas cun total de 380.000 unidades colocadas, mentres que as de Nintendo venderon 170.000 e 187.000 consolas respectivamente.
Este éxito de vendas parece estar xustificado polo xogo Monster Hunter Portable 2nd G para PSP, pois o título de Capcom é xa un fenómeno de masas no Xapón que vendeu 1 millón de unidades en 6 días e en total xa vendeu máis de 1,9 millóns de copias.
Confírmase así que as vendas das consolas están máis relacionadas cos títulos que saen para as mesmas que coas características técnicas das mesmas.

PUBLICIDADE