A PlayStation 4 terá unha edición limitada de Uncharted 4

xoves, 4 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

Os usuarios de PlayStation 4 poden reservar dende esta semana o xogo Uncharted 4: El Desenlace del Ladrón, pero os seareiros das aventuras de Nathan Drake que aínda non se fixeran cunha consola de Sony de nova xeración terán tamén a partires do vindeiro 27 de abril unha excelente oportunidade para mercar a consola xunto co desexado xogo de Naughty Dog, xa que estará dispoñible unha edición limitada da PS4 con disco duro de 1 TB que presentará unha aparencia gris azulada coa figura do protagonista do xogo gravada no seu exterior, así como un mando da consola con cores a xogo.
Nesta consola tan especial podemos ver o logotipo de PlayStation, o logotipo de Uncharted e a frase “sic parvis magna” (a grandeza chega dos comezos pequenos) en letras douradas, que é a frase que Drake leva gravada no seu anel. Unha consola moi especial para todos os que queren despedirse desta grande saga que marcou especialmente a vida da PlayStation 3 e que foi quen de sobrevivir á anterior xeración de consolas coa cabeza ben alta.

Vídeo de presentación da edición limtada da PS4 comercializada co gallo do lanzamento de Uncharted 4

PUBLICIDADE