A PlayStation 5 tardará máis dun ano en chegar ao mercado

venres, 26 de abril do 2019 Marcus Fernández

Aínda que o público está ansioso por ter máis detalles sobre a vindeira xeración de consolas de videoxogos, cómpre advertir que está máis lonxe do que algúns esperan, e na presentación de resultados económicos de Sony responsables da compañía aseguraron que a PlayStation 5 non verá a luz nos vindeiros 12 meses, ou sexa, que como moi pronto lanzaríase no verán de 2020, aínda que tamén sería probable que o lanzamento quedase para a campaña de Nadal.
Sony tamén destacou que conseguiron vender 96,8 millóns de consolas PlayStation 4, confiando en superar a barreira dos 100 millóns de consolas no vindeiro trimestre, á vez que tamén poden presumir de ter 36,4 millóns de subscritores de PlayStation Plus, indicando que a plataforma de videoxogos de Sony é a clara vencedora da actual xeración.

PUBLICIDADE