A PlayStation Store oferta numerosos xogos a menos de 20 euros
mércores, 16 de agosto do 2017
Para reactivar as vendas na PlayStation Store durante o
verán chegan novas ofertas, que parten co xogo Dragon Ball Xenoverse 2 que durante
unha semana estará á venda cun desconto do 57%, ou sexa, que pode mercarse
por 29,99 euros na súa edición básica e por 39,99 euros na súa edición de luxo
(co seu pase de tempada), aÃnda que á meirande parte dos usuarios resultaralles
de máis interese que até o 6 de setembro haxa unha completa
selección de xogos por menos de 20 euros.
Deste xeito, os usuarios que non queiran facer un grande desembolso en xogos
teñen unha excelente oportunidade para enriquecer a súa colección dixital a
prezos moi axustados. Por exemplo, The
Witcher 3 poder mercarse por 14,99 euros, Metal Gear Solid V: The Definitive Experience por só 11,99 euros, a
edición Xogo do Ano de La Tierra Media:
Sombras de Mordor por 12,99 euros, a edición definitiva de Sleeping Dogs por 6,99 euros, a versión
definitiva de Tomb Raider por 7,99
euros, Wolfenstein: The New Order por
4,99 euros, Ultimate Marvel vs. Capcom 3
por 14,99 euros, Alien: Isolation por
11,99 euros, Ultra Street Fighter IV
por 9,99 euros, Dishonored por 9,99
euros, XCOM 2 por 14,99 euros, Saint Seya: Soldiers’ Soul por 11,99
euros, The Technomancer por 12,99
euros, Umbrella Corps por 5,99 euros
ou os dous volumes de Atari Flashback
Classics a 9,99 euros cada un.