A PlayStation Store renovas a súas ofertas

mércores, 24 de agosto do 2016 Marcus Fernández

A PlayStation Store continúa as súas rebaixas, e esta semana sorprende ofrecendo a metade de prezo o xogo Street Fighter V de xeito que podemos mercar a súa versión estándar por 24,99 euros e a súa versión de luxo por 34,99 euros, resultando unha compra bastante atractiva xa que falamos dun xogo con compoñente competitiva que está proxectado para ter unha vida de varios anos en PS4 e PC.
Pero esta non é a única oferta rechamante na PS Store, senón que tamén teñen descontos de até un 70% na Zona COD, ou sexa, que os xogos e os contidos descargables para as diferentes entregas de Call of Duty están a prezos moi interesantes, como tamén acontece na zona Retro da PS Store, onde boa parte dos títulos está até cun 50% de desconto, o que pode ser unha boa oportunidade para facerse coa triloxía de Grand Theft Auto, co violento e polémico Manhunt, co aclamado Rogue Galaxy, con estrelas dos salóns recreativos como Double Dragon ou incluso con xogos tan representativos como Super Star Wars. Adicionalmente tamén podemos atopar algunhas outras rebaixas interesantes, como Pang Adventures por 5,99 euros ou o clásico The Last Blade 2 a 8,99 euros.

PUBLICIDADE