A PlayStation TV chegará a España en novembro compatible con 160 xogos de PS Vita
luns, 22 de setembro do 2014
O
vindeiro 14 de novembro sairá á venda en España un novo dispositivo de Sony, a PlayStation
TV, que permite recibir as partidas de PS4 noutro televisor do fogar e
xogar a clásicos de PS Vita, PSP e da primeira PlayStation en pantalla grande,
no que poderÃa considerase como unha consola doméstica low-cost, que poderá adquirirse por dende 99,99 euros e que
incluirá un vale de descarga para tres xogos dixitais (Worms Revolution Extreme, Velocity
Ultra e OlliOlli) e 1 Gb de
almacenamento integrado.
Entre os xogos que poderemos gozar na PlayStation TV están tÃtulos de grande
peso como Crash Bandicoot, Driver, God of
War Collection, Grand Theft Auto: Vice City Stories, Hotline Miami, Killzone
Mercenary, LittleBigPlanet (PSP), Metal Gear Solid, Persona 4 Golden, Pixeljunk
Monsters: Ultimate HD, Rayman Origins, Spyro The Dragon, Street Fighter Alpha 3
Max, Tekken, Tomb Raider e Vagrant
Story, aos que pode sumarse boa parte dos xogos de PS Vita (que poden adquirirse
en formato descargable ou introducirse directamente se están en formato tarxeta,
estando xa confirmada a compatibilidade duns 160 xogos) e moitos xogos de PSP e
PS One en formato descargable.
Para poder gozar dos xogos en PlayStation TV é preciso contar cun mando sen
fÃos DualShock 4 ou DualShock 3, á venda por separado (e que pode que moitos
teñan xa na casa por ser os controladores tÃpicos das consolas PS4 e PS3
respectivamente).