A RAG inicia o proceso online para elixir a Palabra do Ano 2022

mércores, 7 de decembro do 2022 S. P.

A Real Academia Galega xa comezou (este mes de novembro) no Portal das Palabras o proceso aberto e participativo para procurar a Palabra do Ano, edición 2022: un termo que sirva de resumo do acontecido nos 12 meses pasados e que reflicta o sentir da comunidade internauta galega. “Achégase o ano 2023 pero antes de pecharmos o 2022 toca facer balance e, como xa é tradición, escollermos coa vosa axuda a Palabra do Ano dos últimos doce meses”, explican dende a RAG, facendo un chamamento á participar e compartir. Neste intre está aberta a primeira fase do proceso, até o 11 de decembro, e que consiste a recolleita de suxestións.
A segunda fase comezará o martes 13 de decembro, cando a RAG anuncie cales son as palabras finalistas e poderemos votar pola vosa favorita ata as 23:59 horas do domingo 25 de decembro.
A terceira fase arrinca o martes 27 de decembro, cando a Academia desvele que voz elixiron as e os internautas como Palabra do Ano 2022.
Na edición do ano pasado, como lembraremos, foi elixido o nome dunha das nosas máis representantivas bandas femininas: Tanxugueiras.


PUBLICIDADE