A Revista Oficial PlayStation</Em> di adeus nos EE.UU.

martes, 6 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Continúan as novas de peches de publicacións impresas dedicadas ao mundo dos videoxogos, especialmente as apoiadas polas propias compañías que están detrás das videoconsolas, e ao igual que en España cesou de publicarse a revista oficial Xbox 360 e nos EE.UU. anunciouse que a revista con 24 anos á súas costas, Nintendo Power, tamén deixaría de editarse, temos agora que Future US confirmou que deixará de producir PlayStation: The Official Magazine, de xeito que abandonará os quioscos norteamericanos co seu número de Nadal.
Actualmente a Revista Oficial PlayStation publícase en España con normalidade, pero en vista de que pechará nun mercado tan forte como o norteamericano podemos entender que no noso territorio seguirá os mesmos pasos en breve, o que tampouco debería sorprender por ser unha das publicacións do sector con peores vendas (cunha difusión media de 17.245 exemplares, mentres que a Playmanía chega aos 26.366, a Marca Player aos 19.655 e a Hobby Consolas aos 45.155).

PUBLICIDADE