A Sony Alpha 1 chegará cun sensor de 50,1 Mpíxeles e gravación de vídeo 8K

mércores, 27 de xaneiro do 2021 Marcus Fernández

No mes de marzo chegará ás tendas a un prezo de 7.300 a nova cámara de formato completo e obxectivos intercambiables Alpha 1, iniciando unha nova xeración dentro do seu sector, ofrecendo unha combinación sen precedentes de resolución, velocidade e desempeño en vídeo.
Esta nova cámara conta cun sensor full-frame de 50,1 Mpíxeles e pode gravar vídeo en 8K a 30 imaxes por segundo (ou 4K a 120 imaxes por segundo), á vez que tamén pode presumir dun visor electrónico OLED con resolución Quad-XGA e unha taxa de refresco de 240 imaxes por segundo.
A Sony Alpha 1 tamén está equipada cun grande buffer que permítelle disparar até 155 imaxes comprimidas en RAW ou 165 imaxes en JPEG, así como disparar 30 imaxes por segundo mantendo un seguimento automático da exposición e o enfoque da imaxe.
Para os profesionais tamén resulta importante o enfoque automático avanzado e o obturador electrónico sen vibración e silencioso, así como unha grande velocidade de sincronización para o flash, conseguindo así converterse en todo un referente, ao que podemos sumar a súa versatilidade ao incorporar conectividade sen fíos moi completa: integra Wi-Fi AC, pode conectarse a Fast Ethernet e incluso pode tirar proveito da 5G en combinación con algúns dispositivos compatibles.

PUBLICIDADE