A TVG inicia emisións en HD para Europa

venres, 31 de xaneiro do 2020 Marcus Fernández

Este sábado comezan as emisións por satélite da Televisión de Galicia para Europa en alta definición, de xeito que os galegos espallados por territorio europeo que desexen continuar a ver a TVG deberán resintonizar o seu receptor de satélite para poder gozar do novo sinal cunha maior calidade de imaxe e son.
Durante o mes de febreiro emitirase o sinal simultaneamente en definición estándar e alta definición, pero en marzo as emisións en definición estándar cesarán de aí que sexa preciso resintonizar as canles o antes posible. Este cambio de emisións no satélite Astra aprovéitase para incorporar tamén os sinais de Radio Galega e Radio Galega Música, que até o momento só chegaban por satélite ao continente americano.

PUBLICIDADE