A USC forma cun software específico aos nosos futuros profesionais da alimentación
martes, 22 de xuño do 2021
O alumnado
de grao que se está a formar como nutricionista-dietista na
Facultade de Ciencias (Campus
de Lugo)
amplía a súa capacitación profesional co software Nutrium,
que permite poñer en práctica coñecementos teóricos e simular
casos reais, en virtude dun convenio asinado entre a USC e a compañía
propietaria.
A
Universidade de Santiago explica que a
dispoñibilidade de Nutrium nas aulas será totalmente gratuíto, o
que permitirá aos alumnos formarse cunha ferramenta que xa está a
usarse no ámbito profesional.
Esta
aplicación permite simplificar as tarefas dos profesionais da
nutrición e
transformar de xeito automatizado e pouco menos instantáneo os
alimentos nun amplo abano de información respecto dos seus valores
nutritivos.
Segundo
informa a USC, Nutrium
posibilita
ao alumnado
coñecer as porcentaxes de
vitaminas,
hidratos, proteínas, minerais e demais valores nutritivos que
reporta a inxestión dun ou doutro alimento. “Esta ferramenta
resulta moi útil para avaliar e analizar a composición de dietas
individuais e de colectivos de poboación, así como para definir
pautas de alimentación saudábeis
e incluso para o deseño de dietas acaídas para persoas con algún
tipo de patoloxía específica”, explican
dende a Universidade de Santiago, destacando tamén que un
dos elementos diferenciais que presenta Nutrium respecto doutras
aplicación semellantes existentes no mercado é “que permite aos
usuarios incorporar novo alimentos aos xa incluídos no seu amplo
catálogo”.