A VII edición do Carballo Interplay xa ten data

martes, 29 de outubro do 2019 Marcus Fernández

Tras consolidarse como un festival de webseries, o Carballo Interplay transformouse paulatinamente nun encontro ao redor dos contidos dixitais de grande relevancia a nivel estatal e participación internacional, que ten xa confirmada a súa sétima edición para os 1-4 de abril de 2020. Este evento servirá para debuxar unha panorámica da innovación na Rede a nivel galego, español e global, contará cunha sección oficial de webseries de todo o mundo e un programa de actividades que busca formarse en contidos para Internet dun xeito práctico e divertido.
Nas vindeiras semanas o Concello de Carballo abrirá o prazo para presentar propostas ao concurso de webseries do festival de contidos dixitais, que confían en que sexa todo un éxito en participación, na liña da edición do presente ano, que superou as 200 propostas de todo o mundo.

Vídeo que resume a pasada edición do Carballo Interplay

PUBLICIDADE