A Wii Mini porase á venda en Europa o 27 de marzo

martes, 26 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

A finais de novembro Nintendo sorprendía anunciando unha Wii Mini para o mercado canadense, redeseño da súa vella consola doméstica que reducía prestacións para conseguir abaratarse, e que finalmente chegará o 27 de marzo a Europa co seu característico deseño negro con bordes vermellos, incluíndo tamén Wii Remote Plus e Nunchuk a xogo, e que, aínda que o seu prezo aínda sexa unha incógnita, é de agardar que estea no contorno dos 99 euros, o que serviría para manter vivo o mercado da Wii agora que xa está dispoñible a Wii U, con principal vantaxe de que a consola anterior ten un catálogo de máis de 1.200 xogos, polo que aínda pode ser unha fonte de lecer a ter en conta.
De cara ao lanzamento da Wii Mini a compañía xaponesa vai ampliar a gama de xogos Nintendo Selects, que permite adquirir grandes xogos de éxito a prezos reducidos, entre os que xa están dispoñibles clásicos como The Legend of Zelda: Twilight Princess, Super Mario Galaxy ou Animal Crossing: Let’s Go to the City, aos que engadiranse outros xogos de peso como Mario Party 8, Wii Sports Resort, Mario Power Tennis e Super Paper Mario.

A Wii Mini inclúe mandos de cor vermella

PUBLICIDADE