A Wii terá axiña un fusil de asalto

venres, 14 de setembro do 2007 Matías Olazabal

Co nome provisional de “Zapper”, a Wii contará axiña cun controlador con feitura de fusil de asalto semellante ao que xa tiña a NES alá pola década dos oitenta, e que xa fora presentado ó longo dos últimos anos nas diferentes feiras de xogos. Polo de agora, non hai maiores detalles do trebello aínda que xa se confirmou o lanzamento para o día 19 de novembro deste ano e cun prezo que sería de máis o menos uns 15 euros, e que será acompañado polo xogo The Legend of Zelda: Link´s Crossbow Training, e amais deste xogo poderá ser empregado co Medal of Honor: Heroes 2 e Resident Evil: The Umbrella Chronicles e Ghost Squad.

Como toda novidade, o gadget non acaba de erguer a mesma emoción entre os seus seareiros e mesmo dende algúns blogs dise que este novo accesorio “non e máis que un anaco de plástico onde se pon o controlador da Wii”. Un anaco de plástico? Haberá que botarlle algo de imaxinación, non?

PUBLICIDADE