A Xbox 360 de rebaixas para celebrar a paralización da distribución europea da PS3

martes, 1 de marzo do 2011 Marcus Fernández

O tribunal civil de La Haya emitiu unha orde xudicial preliminar que prohibe a distribución de consolas PlayStation 3 durante os vindeiros 10 días ante os argumentos presentados por LG contra Sony por unha suposta infracción de patentes relacionadas co Blu-ray, de xeito que nas alfándegas teñen que interceptar todas as PS3 que circulen polo continente.
A través desta orde xudicial acudiron axentes aos almacéns de Sony en Europa paralizando o envío de milleiros de unidades, aínda que as tendas deberían de ter unidades suficientes para soster a demanda do mercado durante 2 ou 3 semanas, de prorrogarse o prazo de investigación outros 10 días podería chegarse a un desabastecemento, o que parecen querer aproveitar dende a competencia, ou iso parece ao anunciar dende Microsoft Iberia que a Xbox 360 terá prezo rebaixado entre os días 1 e 15 de marzo.
A cadea de tendas GameStop detallou que a oferta en cuestión suporía que a Xbox 360 Slim de 250 Gb pasase de custar 249,98 a 199,98 euros e a Xbox 360 Slim de 4 Gb con Kinect pasaría de 299,98 a 249,98 euros, polo que os interesados en adquirir unha consola de alta definición con tecnoloxía de detección de movemento terían aquí unha oportunidade fantástica.

PUBLICIDADE