A Xbox 360 estará de rebaixas ata o 7 de xaneiro

luns, 30 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Para facilitar as compras aos Reis Magos, Microsoft decidiu rebaixar ata o 7 de xaneiro a súa consola Xbox 360 en varios dos seus packs de xeito que poderemos adquirir unha Xbox 360 con 250 Gb de disco duro e o xogo FIFA 14 ou cos xogos Halo 4 e Tomb Raider por só 159,99 euros (o que supón un aforro de 50 euros).
Se a isto sumámoslle un 20% de desconto na compra de accesorios de Xbox 360 e de subscricións a Xbox LIVE Gold de 12 meses xunto coa consola temos unha excelente oportunidade para os usuarios que queiran gozar de numerosos xogos no seu fogar durante 2014 sen realizar grandes investimentos económicos (actualmente hai numerosos títulos para a Xbox 360 a prezos de preto de 19,99 euros, moi lonxe do que hai que pagar polas novidades das consolas de nova xeración).

PUBLICIDADE