A Xbox One X sairá á venda o 7 de novembro a un prezo de 499 euros
luns, 12 de xuño do 2017
A
pasada noite Microsoft celebrou a súa grande presentación dentro da feira de
videoxogos E3, onde por fin presentouse a nova consola de videoxogos coa que a
compañÃa de Redmond quere pórse en cabeza, e que até o momento coñecÃase polo
nome chave de Project Scorpio, a Xbox One X.
AÃnda que boa parte das especificacións da Xbox One X xa eran coñecidas,
déronse importantes detalles sobre a consola máis potente do mercado, que
ofrece unha auténtica experiencia 4K (ou sexa, que os xogos funcionan de xeito
nativo en ultra alta definición, algo que a PS4 Pro só fai de xeito puntual),
cunha compatibilidade definitiva (non
só correrá xogos de Xbox One e aproveitará a retrocompatibilidade de Xbox 360,
senón que nos vindeiros meses tamén incorporarán compatibilidade cos xogos da
primeira Xbox dentro da familia Xbox One) e cun detalle realmente sorprendente:
é a Xbox máis compacta até o momento (30 x 24 x 6 centÃmetros).
O prezo, aÃnda que elevado, pode considerarse unha boa nova, xa que o 7 de
novembro sairá á venda a nivel global, cun prezo de 499 dólares nos EE.UU. que
por fortuna non traducirase en 549 ou 599 euros como acontece ultimamente cos
lanzamentos en territorio europeo, senón que será de 499 euros, incluÃndo a
consola cun disco duro de 1 TB, mando sen fÃos, cable HDMI, 1 mes do servizo
Xbox Game Pass e 14 dÃas de Xbox LIVE Gold.
Se comparamos co lanzamento da PS4 Pro de Sony, temos que o prezo de saÃda foi
de 399,99 euros, consola cun tamaño extraordinariamente voluminoso, un consumo
enerxético elevado (310 watts), un reprodutor de Blu-ray limitado (non
reproduce filmes en 4K), sen retrocompatiblidade con plataformas anteriores,
con 8 GB de RAM e cunha potencia gráfica de 4,2 TFLOPS, mentres que a nova
consola de Microsoft ten un tamaño compacto (en boa medida por incorporar un
sistema de refrixeración lÃquida, o que é unha impresionante mellora), o seu
consumo só é lixeiramente superior ao da Xbox One orixinal (pasa de 220 a 245
watts), o seu reprodutor de Blu-ray acepta pelÃculas 4K con HDR (o que poderÃa
xustificar relativamente o seu prezo), presenta retrocompatibilidade con todas
as consolas anteriores de Microsoft, conta cuns xenerosos 12 GB de RAM e a súa
potencial gráfica chega aos 6 TFLOPS (o que permite xogos en 4K nativos).
A Xbox One X presume de ter unha potencia un 40% superior que calquera outra
consola de videoxogos, polo que non haberÃa dúbida en que é a máis potente do
mercado, e está deseñada para que practicamente todos os xogos se vexan mellor,
aÃnda que moitos (inicialmente uns 30) contará con actualizacións de balde para
mellorar os seus gráficos de cara á ultra alta definición (para o que é preciso
refinar o código, incluÃr texturas de maior resolución...). ConfÃan en que a
meirande parte dos xogos poidan correr nesta máquina en 4K a 60 imaxes por
segundo (mentres que en televisores Full HD aproveitarse a potencia adicional
para amosar máis detalles, mellorando tamén a experiencia).
Pese a todos estes cambios, a Xbox One X mantense dentro da familia Xbox One,
de xeito que mantén a compatibilidade cun amplo abano de hardware e software,
manténdose no mesmo ecosistema de xogo, que incluso permite que moitos xogos
poidan gozar de integración multiplataforma entre consolas Xbox One e equipos
con Windows 10. Unha proposta moi atractiva a nivel de hardware e plataforma,
que como principal carencia ten a falta de xogos exclusivos que sexan
especialmente rechamantes.
VÃdeo de presentación da Xbox One X