A Xbox One actualÃzase de cara ao lanzamento de Titanfall
mércores, 5 de marzo do 2014
A Xbox One está comezando a recibir unha importante
actualización de sistema principalmente para preparar a consola de
Microsoft para o agardado xogo Titanfall, que é un dos principais
reclamos para a adquisición desta máquina. Deste xeito, será posible gozar do
grande modo multixogador de Titanfall,
empregar o auricular con micrófono durante as partidas en liña e incluso
retransmitir as partidas en vivo a través de Twitch (aplicación que recibirá a
correspondente actualización a semana que vén). Cómpre lembrar que os usuarios
que empreguen o sistema de acendido da consola mediante ordes de voz (que
parecen ser a maiorÃa) recibirán a actualización durante os momentos de menor
actividade, sen interromper o xogo.
Entre as novidades incluÃdas nesta nova actualización temos que a listaxe de
amigos está máis accesible, o chat de audio está acendido de xeito
predeterminado, poderase chatear con amigos que estean xogando a tÃtulos
diferentes, poderanse convidar a amigos a entrar nun xogo multi-usuario,
presentarase unha listaxe cos últimos usuarios cos que xogásemos en liña, a
mencionada posibilidade de retransmitir as partidas a través de Twitch,
actÃvase o son Dolb Digital 5.1 a través de HDMI (só estaba dispoñible por
saÃda óptica) e tamén soporta agora saÃda de vÃdeo a 50 Hz (máis axeitada para
os televisores europeos de verse televisión en vivo a través da consola).
Tamén amplÃan o soporte de accesorios para a consola, melloran o navegador web
e permiten empregar o sistema de infravermellos do sensor Kinect para controlar
o volume e o acendido do televisor directamente dende a consola, entre outras
moitas pequenas funcionalidades novas.
Repaso en vÃdeo dalgunhas das novidades que está a recibir a Xbox One