A Xbox One animará aos seus usuarios a pórse en forma con Xbox Fitness

venres, 27 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Durante a visualización dos vídeos a aplicación fai un seguimento dos nosos movementosDurante a pasada noite Microsoft anunciou que os usuarios de Xbox One con subscrición Gold a Xbox LIVE poderán acceder de balde a Xbox Fitness, un extenso catálogo de vídeos as principais marcas do mundo do fitness, incluíndo Beachbody’s P90X (Tony Horton), INSANITY (Shaun T), Jillian Michaels (da que xa vimos varios videoxogos de exercicios), Tracy Anderson (creadora dun método de exercicios empregado por famosos como Gwyneth Paltrow, Victoria Beckham, Kim Kardashian e Robert Downey Jr.) e outros.

Durante a visualización dos vídeos a aplicación fai un seguimento dos nosos movementos

Xbox Fitness estará dispoñible a partir de decembro e fará uso de Kinect, tecnoloxía coa que rexistrará as pulsacións do usuarios mentres fai exercicio físico diante da consola, analizará os músculos que se exercitan en cada actividade e realizará un seguimento da calidade dos exercicios medido o equilibrio, o ritmo e a forma.
Este título busca ser un incentivo para adquirir a Xbox One nos seus primeiros meses, podendo verse a consola non só como unha máquina para xogar, senón tamén un complemento para pórse en forma dun xeito máis interactivo que os vídeos de exercicios tradicionais (conservando os seus principios).

Xbox Fitness facilita o acceso a numerosos vídeos de exercicios


Vídeo promocional de Xbox Fitness

PUBLICIDADE