A Xbox One contará cun novo mando de camuflaxe
mércores, 18 de xullo do 2018
Non é ningunha novidade que nas consolas Xbox teñen grande
éxito os shooters, de aà que tampouco
deberÃa sorprender que teñan boa acollida os mandos de xogo de camuflaxe, e atendendo a esta demanda
Microsoft anuncia que a partires do 14 de agosto porá á venda o Xbox
Wireless Controller – Armed Forces II Special Edition, a un prezo de 69,99
dólares (espérase que o prezo en España sexa de 69,99 euros).
Esta mando está decorado cun patrón de camuflaxe moderno e ten certa textura
nas zonas de agarre para unha maior comodidade. Ao estarmos ante un mando de
Xbox One de última xeración, tamén permite a conexión de auriculares na súa
toma de 3,5 milÃmetros e conta con conectividade Bluetooth, o que facilita o seu
uso en ordenadores persoais e tabletas.