A Xbox One de 1 TB terá un lote de Nadal con Gears of War: Ultimate Edition e Rare Replay
martes, 29 de setembro do 2015
Microsoft
continúa a preparar novos lotes da súa Xbox One de cara ao Nadal, e tras presentar
un bundle coa Xbox One de 1 TB e os
xogos Rise of the Tomb Raider e Tomb Raider: Definitive Edition, agora
dan conta doutro lote que no seu nome xa inclúe toda unha declaración de
intencións, xa que chámase Xbox One 1TB
Holiday Bundle.
Estamos claramente ante unha Xbox One de 1TB que busca animar á súa compra
incluÃndo varios xogos a un prezo que serÃa o equivalente ao da consola solta (399
dólares nos EE.UU.). Os xogos incluÃdos son bastante atractivos, xa que,
como principal reclamo teñen a Gears
of War: Ultimate Edition, impresionante shooter en terceira persoa que completarase con todos os xogos da
franquÃa para Xbox 360 en formato descargable para os usuarios que xoguen ao
novo tÃtulo de Xbox One antes de rematar o presente ano (e que poderán xogarse
na nova consola grazas á retrocompatibilidade con Xbox 360 que chegará a One
nun par de meses).
Adicionalmente o lote tamén inclúe Rare
Replay (recompilación de 30 xogos icónicos de Rare, con tÃtulos tan
memorables como Battletoads e Perfect Dark), asà como o xogo de
plataformas Ori
and the Blind Forest. Complétase asà un paquete moi atractivo para os
usuarios que queiran introducirse na Xbox One, optando directamente polo modelo
de consola con maior capacidade de disco duro.