A Xbox One estreará Game Hubs e transmitirá o sinal da TDT a dispositivos móbiles

mércores, 14 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

Microsoft está a adiantar as novidades que incluirá o software de sistema da Xbox One no mes de febreiro, mantendo o ritmo de actualizacións periódicas que fan que a consola de Microsoft sexa un produto cada vez máis maduro e versátil. Os usuarios afiliados ao programa de vista previa de Xbox recibirán estas novas prestacións en probas este mes.
A principal novidade da actualización son os Game Hubs, un elementos nos que pódese centralizar toda a actividade dun xogo nun único lugar, facilitando que poidamos localizar aos amigos que xogan a un título, competir cos amigos para acadar as mellores puntuacións, ver vídeos e retransmisións en directo e seguir aos xogadores máis destacados.
A nivel de interface tamén engádese a posibilidade de personalizar máis a transparencia das baldosas para facilitar que poidan verse os fondos personalizados.
A para os usuarios que teñan conectado un sintonizador de TDT á Xbox One tamén hai melloras moi atractivas, das que no caso español poderiamos destacar o Trick play (poden verse fotogramas de vídeo ao adiantar ou retrasar un programa de televisión) e continúa a ser posible retransmitir o sinal de televisión a través de streaming para a súa recepción en smartphones con Windows Phone e Android.


Vídeo no que detallan as novidades que está a incorporar a Xbox One

PUBLICIDADE